lunes, 13 de noviembre de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA



Un curso mais as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina. mochilas cheas de personaxes, viaxes fantásticos, aventuras incribles, experimentos e moitas cousas mais para descubrir en familia.
As mochilas conteñen fondos da nosa biblioteca para ler, compartir en familia, defrutalos xuntos, ... Tamén incluímos algún xogo para divertirse en familia e por suposto o caderno viaxeiro no que recoller as vosas impresións, opinións e suxestións sobre o contido da mochila e tamén algún debuxo que ilustre os vosos comentarios.

Se queredes ver o contido premede no video.




 

lunes, 2 de octubre de 2023

PRIMEIRO PREMIO NACIONAL DE CLUBS DE LECTURA

 

Hoxe temos a gran sorte de poder compartir con toda a comunidade educativa do Ceip de Curtis a alegría por ter recibido o primeiro premio nos Clubs de Lectura do Ministerio de Educación e formación profesional.
Este centro educativo xa recibira un segundo premio no curso anterior. Este ano, logramos o primeiro e énchenos de satisfacción porue ademáis da dotación económica ( 5000 euros) que nos permitirá facer melloras na biblioteca sentimos orgullo polo recoñecememto a unha labor que levamos facendo durante anos.

No seguinte video podedes ver un resumo do club de lectura do curso 2022/23 "O MUNDO MÁXICO DE HARRY POTTER" que resultou premiado.



lunes, 11 de septiembre de 2023

BENVIDOS AO CURSO 2023/24

 


Durante este curso 2023/24, dende a biblioteca propoñemos levar a cabo o proxecto integrado a nivel de centro titulado “Galicia somos nós”, a través do cal pretendemos afondar no coñecemento de Galicia de forma poliédrica. Galicia en canto a identidade eco-xeográfica, en canto a organización política e devir histórico propio que actúa no presente e mira cara o futuro.

Afondaremos na historia e orixe de Galicia para comprender a singularidade propias da nosa lingua e cultura. Tamén trataremos de coñecer o medio natural galego, as paisaxes e os espazos do territorio galego que inciden na configuración da sociedade, da economía e das comunicacións permitíndonos identificar fortalezas, debilidades e desafíos para a Galicia do futuro na que os nenos de hoxe serán os protagonistas. 

Finalmente coñeceremos algunhas das manifestacións máis representativas do patrmoio etnográfico galego.

TODO UN RETO!!! 

viernes, 16 de junio de 2023

UN CLUB DE LECTURA MÁXICO

 


Neste video podedes ver resumida a actividade do noso club de lectura ao longo do curso 2022/23.
Foi un club de lectura máxico no que compartimos lecturas, conversas, impresións e moito máis. O equipo da biblioteca quere agradecerlles a súa participación e invitalos a vindeiras edicións.

GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

jueves, 8 de junio de 2023

EXCURSIÓN Á CIDADE DE LUGO DO CLUB DE LECTURA

Os alumnos do Club de Lectura do Ceip de Curtis visitan a cidade de Lugo

Excursión a Lugo dos alumnos do club de lectura

OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA DO CEIP DE CURTIS VISITAN A MURALLA DE LUGO


 Como remate da actividade do Club de Lectura participaron nunha excursión gratuita á cidade de Lugo, percorrendo as rúas, visitando a muralla, con xogos pola cidade e no escape room "Guerra Máxica". Pasamos unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto.

 

lunes, 29 de mayo de 2023

OS INVENTOS MÁXICOS DE HARRY POTTER NO CLUB DE LECTURA


Na última sesión do club de lectura na biblioteca visionamos algúns dos fragmentos da segunda película da saga de Harry Potter e a continuación participaron nunha actividade titulada "OS INVENTOS MÁXICOS DE HARRY POTTER" xa que este ano o Proxecto do Centro refírese a esta temática. Cada grupo diseñou un invento máxico que logo foron expostos no centro. Premede no video para ver mais.



 

viernes, 26 de mayo de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. OBRADOIRO "INFORMÁTICA PARA A VIDA"




O pasado venres 19 de maio contamos coa investigadora da USC, Eva Cernadas quen impartiu un obradoiro "INFORMÁTICA PARA A VIDA" co que tentou achegar ao alumnado de 5º e 6º de primaria un concepto de enxeñería relacionando coa súa vida e xogos cotiás dende unha visión igualotaria e sen utilizar, necesariamente no proceso de aprendizaxe.




 

EMISIÓN DE 4º DE PRIMARIA