sábado, 21 de diciembre de 2013

FELICES FESTAS!!

         O claustro de profesores do Ceip Curtis, desexalles unhas felices festas. E agardamos que o ano novo nos traia unha nova biblioteca...e moitas sorpresas....



Make Your Own Christmas Tree Card

NADAL NO CEIP DE CURTIS.

          Estes días o Centro estaba adornado con motivos navideños, tanto nos pasillos, aulas, recantos.... ata no comedor! como podedes ver nestas imaxes.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/recantos%20nadal/template.swf
 
 
        O último día visitounos Papá Noel. Primeiro estivo nas aulas de Infantil e despois en Primaria. Pero non remataban aí as sorpresas... tamén no comedor agardábanos algo...
 
 
Papa Noel en Infantil
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/visita%20papa%20noel/template.swf
 


Papa Noel en Primaria
 
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/papa%20noel%20primaria/template.swf
 
 
 
O comedor no Nadal
 
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/comedor%20nadal/template.swf
 

 
            E para rematar o curso, acudimos á biblioteca, para escoitar a Cristina e o seu grupo, que unha vez máis nos encantou a sua actuación!! Fainos bailar un montón !! Moitas grazas Cristina, esperamos volver a verte pronto. Tamén queremos dar as grazas dende aquí, á ANPA, unha vez máis colaborou con nós para poder levar a cabo esta actuación.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/actuacion%20nadal/template.swf
 
 
 

lunes, 18 de noviembre de 2013

CONTACONTOS.

       Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo, achegáronse este venres á biblioteca. Alí estaba esperándoos Ignacio de Lalín, que tiña un montón de historias moi graciosas que contarlles. Escoitaron atentos e riron moitisimo!!! Que ben o pasamos!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/contacontos%201/template.swf

martes, 5 de noviembre de 2013

CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA.

      Inauguramos este ano a biblioteca cos contos de medo, unha das actividades que se realizaron no centro para conmemorar o Samaín. A biblioteca ambientouse creando un recanto de medo: teas de araña, monstruos, velas, cabazas, e... escuridade....sssssh! 
Aquí vos deixamos os enlaces a algún dos blogs do Centro, onde podedes ver a actividade

http://ceipcurtis.blogspot.com.es/2013/10/contos-de-medo.html

http://primeirocicloepcurtis.blogspot.com.es/2013/11/samain.html


 
http://segundociclocurtis.blogspot.com.es/2013/10/como-xa-vai-ser-samain-e-halloween-hoxe.html
    E tamén saimos na prensa!! Onde se recolle esta actividade que levamos a cabo. Pincha na foto para ver a noticia. 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/10/31/reina-fiesta-calabaza/0003_201310H31C9995.htm

viernes, 21 de junio de 2013

BO VERÁN.

   Esperamos que  tod@s pasedes un bo verán e que volvamos a vernos en Setembro!! Agardan novas sorpresas na biblioteca...


 

REVISTA SEITURA.

          Un ano máis recollemos na revista Seitura, algúns dos traballos realizados ao longo do curso.

domingo, 2 de junio de 2013

MERCADILLO NA BIBLIOTECA.

          Ampliamos unha semana máis o mercadillo na biblioteca. Esta semana, dendo o luns 3 de xuño ata o venres 7 de xuño, poderedes achegarvos á biblioteca de 12:00 a 12:30 para adquirir libros. Estarán á venta os libros de consulta, como viña sendo habitual. Pero esta semana ademais, estarán libros do 1º, 2º e 3º ciclo. Agardámosvos!

BENVID@S!!

          Benvid@s ao novo blog da biblioteca de Curtis. A través deste blog informarémosvos das diferentes actividades que iremos realizando arredor dos libros e a lectura. Aproveitamos para decirvos que poderedes deixar comentarios e así coñeceremos a vosa opinión do que imos realizando.