O 6 de decembro celebramos o Día da Constitución e todos os nen@s do noso cole investigamos coa axuda das nosas familias que era a Constitución.
Recollemos por escrito as nosas conclusións e fixemos unha exposición no corredor do centro. A continuación deixamos unhas fotos da nosa actividade.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
martes, 15 de diciembre de 2015
TALLER DE CARACTERIZACIÓN
O luns tivo lugar un taller de caracterización de personaxes do circo para os alumnos de primaria. Aquí tedes algunhas fotografías:
martes, 27 de octubre de 2015
DÍA DA BIBBLIOTECA
O venres celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Estas foron as recomendacións dos alumnos do noso centro que podedes ver na entrada:
jueves, 22 de octubre de 2015
DIA DA BIBLIOTECA
O vindeiro 24 de outubro celebraremos o DÍA DA BIBLIOTECA. Dende a Biblioteca do cole propoñemos unha actividade chamada "RECOMÉNDOCHE..." na que cada alumno debuxará a portada do libro que lle recomenda aos compañeiros, incluindo o título, o autor e a editorial. Con todas estas aportacións faremos un mural na entrada da Biblioteca.
viernes, 16 de octubre de 2015
martes, 13 de octubre de 2015
CLUBE DE LECTURA: DO LIBRO AO CINE
O tema do clube de lectura deste curso é DO LIBRO AO CINE. A presentación tivo lugar o venres día 9 de Outubro. Os novos socios fixeron os carnés de socios e levaron o libro sobre o que imos traballar: MATILDA.
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2015-2016
O equipo da biblioteca davos a benvida ao novo curso 2015-2016.
Este ano o proxecto que realizaremos dende a biblioteca do noso centro titúlase "O MUNDO DO CIRCO".
Queremos contar con vos para facer todas as actividades estamos a programar e que esperamos que vos gusten.
Este ano o proxecto que realizaremos dende a biblioteca do noso centro titúlase "O MUNDO DO CIRCO".
Queremos contar con vos para facer todas as actividades estamos a programar e que esperamos que vos gusten.
viernes, 29 de mayo de 2015
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Un ano máis celebramos no noso cole a semana das letras galegas. Procuramos que a xente que nos visitou tivese relación co noso proxecto da biblioteca "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA"..
Así traballamos á artista de Teixeiro ÁNXELES PENAS que nos explicou a súa obra e o alumnado realizou totens como resultado do seu estudo.
Tamén nos visitou ABRAHAN CARREIRO o autor de XOELIKI e cantamos e bailamos cun grupo de música.
Finalmente tivemos un taller de percusión con material de refugallo no que participou todo o alumnado do colexio.
domingo, 26 de abril de 2015
O CEIP DE CURTIS PINTA CADROS DE Mª ANTONIA DANS
Seguindo co noso proxecto da biblioteca o alumnado do noso centro rendeu unha pequena homenaxe a Mª Antonia Dans pintando algúns dos seus cadros.
sábado, 7 de marzo de 2015
SEGUINDO CO PROXECTO "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA"
O pasado venres 27 de febreiro estivo co noso alumnado unha arqueóloga da contorna CRISTINA SEOANE NOVO que nos explicou estupendamente o campamento militar romano de "A Ciadella".
Tamén fixemos unha pequena maqueta do mesmo con pedra, e ata puxemos nela un exército romano.
Cando veña a primavera, esperamos poder ir a visitalo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)