lunes, 28 de noviembre de 2016

Teatro sobre a igualdade de xénero

O xoves 24 de novembro, o alumnado de primaria foi a unha función de teatro no Salón do Recinto Feiral de Curtis. A función titulábase "Os roedores". Unha función moi divertida protagonizada por unha rata e un hamster, na cal se refelxionaba sobre a igualdade de xénero e se representaban tamén outra serie de valores moi útiles para que @s nos@s rapaces tomen conciencia sobre a educación en igualdade e a educación en valores.
Unha obra moi divertida e moi didáctica!!!




Xornadas de almorzos saudables

Ao longo dos días 22, 23 e 24 de novembro celebramos no comedor do cole os "Almorzos saudables". Tod@s @s alumn@s de primaria poideron disfrutar duns almorzos mois especiais no comedor do centro para fomentar e concienciar sobre os bos hábitos alimentarios a base dun espectacular menú a base de zume de laranxa, cola cao, cereais e pan con aceite de oliva e tomate.
Riquísimo e sanísimo!!!!!!!!!!!!!!







jueves, 10 de noviembre de 2016

NÓS TAMÉN CREAMOS

OS nenos e nenas tamén fixeron a súa propia definición de BIBLIOTECA :
 " UN BARCO DE AUTORES"
 " UN INMENSO MAR DE LIBROS "
  " UN RONSEL DE HISTORIAS "

martes, 1 de noviembre de 2016

FESTA DO MAGOSTO

         Que ben o pasamos o venres na festa do magosto!! Como tódolos anos, comemos  unha morea de castañas. Para gardalas, todos levamos recipientes elaborados na aula coa temática do mar. Tivemos música, bailamos, cantamos....Máis tarde, queimamos os nosos medos que introduciramos na "Caixa dos medos". Mentres Pepe lles prendía lume todos berramos: "MEDOS FÓRA"!! 
           Por último, os nenos que participaron no concurso de cabazas, recibiron premios por participar e tamén as mellores cabazas de cada nivel. Foron os nenos e nenas do cole os que outorgaron tales premios. Hai que dicir que, se ben cada ano as cabazas melloran notablemente, este ano o nivel foi incríble.  MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLO ESFORZO !!! Seguramente os nenos e nenas disfrutaron moito compartindo ese traballo coas familias.