jueves, 27 de octubre de 2016

Festa celebración do Samaín e do magosto

O venres 28 de outubro celebramos no cole a festa do Samaín e un magosto onde comeremos castañas a puñados!!!!!!!!!! Haberá tamén un concurso de cabazas onde se premiará a cabaza máis marítima e haberá un pequeno premio para todos os alumn@s por participar.




lunes, 24 de octubre de 2016

Visionado de "Charlie y la fábrica de chocolate" no club de lectura

Outra das actividades que temos no cole é o "Club de lectura", que se realiza na biblioteca do centro polas tardes despois de comer. Ao longo do curso os nen@s de 5º  e 6º curso traballarán con varios libros e algún día verán unha peli relacionada co libro.
Neste caso o libro a traballar é "Charlie y la fábrica de chocolate", e esta vez os alumn@s puideron ver a película de Tim Burton basada no libro, con palomitas e chuchuerías "wonka" incluídas!!!!!!!!!!!!!!!!!! :-)



Cantándolle ao mar na biblioteca: empezamos o proxecto!!!!!!!!!!!!

O proxecto que imos a traballar este ano no cole está dedicado ao mundo do mar. Xa dende os primeiros días de curso empezamos a adornar e a ambientar o centro con motivos marítimos e hoxe luns 24 de outubro fixemos a primeira actividade importante relacionada co proxecto.
Membros do grupo folclórico "Leira Buxo" estiveron na biblioteca do centro cantándonos cancións relacionadas co mar como "Na beira do mar", "A Rianxeira" ou "Glu, Glu, Glu", e todo o alumnado participou cantando con eles e pasárono realmente xenial.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Animamos a todo o alumnado a que vaian comentando no blog a súa opinión sobre as actividades que iremos facendo ao longo deste curso ou calquer tipo de comentario que desexen.



jueves, 20 de octubre de 2016

Aprendemos a programar con Scratch

O martes 18 de outubro, os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiron na ludoteca a un taller de programación de Scratch ofrecido pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Curtis.
Foi unha experiencia realmente divertida e moi didáctica, onde os nenos e nenas se introduciron no mundo da programación mediante o programa Scratch, co cal aprenderon a facer animacións e sinxelos e xogos usando o ordenador.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que os alumn@s están desexando repetir.

https://scratch.mit.edu/
https://es.wikipedia.org/wiki/Scratch_(lenguaje_de_programaci%C3%B3n)
http://www.xataka.com/aplicaciones/como-iniciar-a-un-nino-en-la-programacion-desde-cero-con-scratch



viernes, 14 de octubre de 2016

Preparación do Samaín e Magosto

O 28 de outubro celebraremos a festa do Samaín e do Magosto no cole e xa estamos empezando a ambientar o noso centro. Este ano será unha festa moi marítima e con concurso de cabazas incluído e un espectacular magosto que faremos a partir das 12:00, onde comeremos castañas ata fartar!!!!!!!!!!!!!



jueves, 6 de octubre de 2016

Queridos alumnos e alumnas. comezamos un novo curso con moita ilusión e ledicia.
Este curso imos adicar o novo proxecto da biblioteca a coñecer o mundo do mar.
Trataremos de navegar xuntos cheos de fantasia e con moitas ganas de conecer e facer cousas novas.
Tamén continuaremos co club de lectura que será un luns pola tarde cada mes. Xa vos avisaremos.

BENVIDOS AO CURSO 2016 - 2017