lunes, 22 de mayo de 2017

                            MIGALLAS NO CEIP DE CURTIS

      O pasado venres 19 de maio tivemos a sorte de ter a Migallas actuando para nós no centro. Pasámolo xenial. Os nenos cantaron moito e bailaron e comprobaron que aprender cantando e moito máis divertido e fácil. Mirade os seguintes vídeos!!!
 

martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017- OBRA DE TEATRO "A GALIÑA AZUL"

Hoxe, día 16 de maio, os alumnos do C.E.I.P. de Curtis viaxamos á Casa da Cutura de Teixeiro e disfrutamos da obra de teatro "A Galiña Azul" a cargo do actor Fran Rei coa que disfrutamos moito.



jueves, 11 de mayo de 2017

EXCURSIÓN A CAMARIÑAS

Que ben o pasamos na excursión a Camariñas!!!! A pesar de non ter a climatoloxía a noso favor disfrutamos e aprendemos un montón. Ao rematar a autoestrada, a mestra Lourdes descubriu un micrófono no autobús e, desde ese intre, non parou de guiarnos e falarnos de todo o que nos arrodeaba durante o traxecto. 
O primeiro que fixemos ao chegar, foi visitar unha conserveira. Ao entrar, todos os nenos e nenas tapaban o nariz, pero, pouco a pouco fómonos esquecendo do cheiro segundo nos amosaban o proceso de enlatado. Ao final non foi para tanto! E déronnos unhas latiñas de atún de agasallo.

De seguido, encamiñámonos a Faro Vilán. Alí, recibiunos a primeira muller fareira de España. Contounos un montón de contos e anécdotas que nos interesaron moito. Incluso nos sorprendeu un trasno que se adica a visitar de vez en cando os faros da Costa da Morte.


A continuación visitamos a lonxa. A patrona maior amosounos peixes e explicounos a maneira de puxar. 
Para abrir o apetito, demos un paseo polo muelle e o porto. No Clube Náutico recibíronnos con moito agarimo a hora de comer.
Despois disto, fixemos un percorrido en autobús ata Muxía e, de novo , Lourdes colleu o micrófono: "Ahí tedes unha igrexa románica do século XII, e ahí....un castelo que pertencía...."Canto aprendemos! Aínda que, de cando en vez, oíamos: "Un pouquiño de silencio ...."
Xa de volta, dirixímonos a Camelle, onde a maioría de nenos e nenas gardan un recordo especial. Alí visitamos a casa de Manfred, o alemán de Camelle, Tamén estivemos no museo que se lle adicou, de recente construcción. Impresionounos moito a súa historia e animámosvos a facer unha visita.


Por último, visitamos o Castelo de Vimianzo, onde nos contaron historias asombrosas dese lugar.


Xa de volta, cantamos moito....pero víñamos moi cansados. Tanto...que nos durmimos todos.

martes, 9 de mayo de 2017

PROGRAMACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano celebramos as Letras Galegas con aires mariñeiros, aquí tedes o cartel coas actividades programadas para a semana que ven: