lunes, 23 de octubre de 2017

Comeza o Clube de Lectura

Este luns 23 de outubro, comeza na biblioteca do centro o Clube de Lectura co "Mundo máxico de Harry Potter". As actividades do Clube de Lectura realizaranse os luns pola tarde cada 15 días, no que participarán @s alumn@s de quinto e sexto curso  que poderán ver unha película basada nun libro que estén lendo, neste caso a película de "Harry Potter e a pedra filosofal".
Vai ser divertidísimo!!!!











lunes, 16 de octubre de 2017

Preparando o Samaín e o Magosto

Como cada ano, celebramos o Samaín e o Magosto no patio do colexio, o venres 27 de outubro, despois do recreo. As castañas dónaas a ANPA e serán asadas na panadería de Casa Zapateiro e as bebidas son por parte do colexio.
Para o Samaín os nenos e nenas farán cabazas, que este ano serán o máis campesiñas e campestres posibles para ir acorde ca temática do proxecto deste ano: a vida no campo.
Tamén organizamos un concurso de relatos de medo. Seleccionaremos os mellores relatos que irán incluídos nun volumen que incluiremos dentro do catálogo da biblioteca do centro para que calquera discente o poida ler cando desexe.


viernes, 13 de octubre de 2017

Exposición de cabazas

Este ano, coma sempre, celebramos o Samaín no colexio e de novo fixemos unha exposición cas cabazas tan divertidas que fixeron os nosos nenos e nenas, este ano relacionadas ca vida no campo, o noso proxecto.






martes, 3 de octubre de 2017

Comemos alimentos ecolóxicos

Neste curso 2017/2018, no Ceip de Curtis, temos como propósito fomentar unha dieta saudable entre os nos@s alumn@s e para tal propósito desde fai uns días estamos introducindo alimentos ecolóxicos no menú do comedor coa colaboración de "A Raiña", Escola Ecolóxica de Vilasantar, que nos proporcionará uns alimentos ecolóxicos riquísimos, dunha calidade suprema, que nos proporcionará unha dieta equilibrada e mois saudable!!!!!!