lunes, 16 de octubre de 2017

Preparando o Samaín e o Magosto

Como cada ano, celebramos o Samaín e o Magosto no patio do colexio, o venres 27 de outubro, despois do recreo. As castañas dónaas a ANPA e serán asadas na panadería de Casa Zapateiro e as bebidas son por parte do colexio.
Para o Samaín os nenos e nenas farán cabazas, que este ano serán o máis campesiñas e campestres posibles para ir acorde ca temática do proxecto deste ano: a vida no campo.
Tamén organizamos un concurso de relatos de medo. Seleccionaremos os mellores relatos que irán incluídos nun volumen que incluiremos dentro do catálogo da biblioteca do centro para que calquera discente o poida ler cando desexe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario