miércoles, 20 de diciembre de 2017

Visita dos nosos maiores

O martes 19 de decembro recibimos a agradable visita dos nosos maiores, que se desplazaron dende o centro de día ata a bilbioteca do noso colexio. Contáronnos cousas moi interesantes da súa vida, como por exemplo, as súas experiencias na escola, os seus traballos, as súas labores no campo e todo tipo de experiencias que nos aportaron dende a súa sabiduría. 

Os encargados de recibilos foron os alumnos e alumnas de 6º curso de Educación Primaria, cos que estiveron intercambiando opinións. Por outro lado, o alumnado de Educación Infantil adicáronlles un canto de Reis.




No hay comentarios:

Publicar un comentario