viernes, 14 de diciembre de 2018

Celebramos o Día da Constitución

O pasado 6 de decembro celebramos o Día da Constitución.


OBRADOIRO DE POSTAIS (4º,5º e 6º DE PRIMARIA)











Hoxe os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria participaron no obradoiro de postais navideñas organizado dende a biblioteca do noso centro. Como podedes ver, realizaron unhas postais moi orixinais. Gracias pola vosa participación!!

OBRADOIRO DE POSTAIS (1º-2º e 3º DE PRIMARIA)


O 30 de novembroos alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria participaron no obradoiro de postais navideñas organizado dende a biblioteca do noso centro. Como podedes ver, realizaron unhas postais moi orixinais. Gracias pola vosa participación!!

viernes, 23 de noviembre de 2018

OBRADOIRO DE POSTAIS


AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA

Xa están listas as mochilas viaxeiras cunha selección de libros feita polo equipo de biblioteca. Dentro de cada mochila vai un caderno para que anotedes as vosas opinións, reflexións... sobre os libros lidos. 
Esperamos que vos gusten e gocedes delas en familia! 


lunes, 19 de noviembre de 2018

1º EMISIÓN RADIOFÓNICA

O pasado 24 de outubro, con motivo da celebración do día internacional das bibliotecas, levouse a cabo a simulación da primeira EMISIÓN RADIOFÓNICA.





Magosto 2018


O pasado 2 de novembro celebramos o magosto: comemos castañas e o alumnado de sexto curso de Educación Primaria encargouse de amenizar a xornada con xogos tradicionais, os cales tiñan como protagonista a castaña.



Os venres lúdicos na biblioteca

Este venres na biblioteca do noso cole rematamos a lectura do libro de Isidora Moon e comezamos coas actividades lúdicas coa nosa protagonista. O vindeiro venres continuaremos... acompáñasnos?

Inauguración do club de lectura

O pasado 5 de novembro tivo lugar a presentación do club de lectura sobre "Os futbolísimos". Cada un dos membros levou o seu exemplar para ler na casa. Esperamos que disfruten moito da súa lectura!















lunes, 29 de octubre de 2018

Presentación do club de lectura

O vindeiro día 5 de novembro ás 15:00h na bibliteca do C.E.I.P. de Curtis estás convidado á presentación do libro: "Los futbolísimos. El misterio de los árbitros dormidos", de Roberto Santiago.


1ª sesión de venres lúdico na biblioteca

O pasado venres 26 de outubro tivo lugar na biblioteca do Centro o primeiro Contacontos que tratou sobre a lectura  do libro "Isadora Moon celebra su cumpleaños", un dos libros da famosa colección de Isadora Moon, da autora Harriet Mancaster.





miércoles, 24 de octubre de 2018

VENRES LÚDICOS NA BIBLIO

O próximo venres inaugúranse os venres lúdicos na biblio coa lectra do libro:
"Isidora Moon celebra su cumpleaños". 

Achégate!


lunes, 22 de octubre de 2018

PRIMEIRA EMISIÓN RADIOFÓNICA

Como xa sabedes, este ano temos como proxecto de centro "os medios de comunicación e a convivencia". Con motivo disto e aproveitando a celebración do día das bibliotecas, o equipo de mestras da biblio, en colaboración coa mestra de música, simularán para todo o alumnado do centro a PRIMEIRA EMISIÓN RADIOFÓNICA, o día 24 de outubro ás 12:00h, na biblioteca do centro.

viernes, 19 de octubre de 2018



INICIAMOS O NOVO CURSO 2018-19 NA BIBLIOTECA. 
BENVIDOS A TODAS E TODOS!

Durante o curso o proxecto da nosa Biblioteca basearase na seguinte temática:
"OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA".

Agardamos  poder ofrecer moitos recursos e facilidades para que atopedes neste espazo e neste tempo respostas ós vosos intereses, lecturas, etc.
Animámonos a formar un club de lectura cos alumnos de 5º e 6º de educación primaria que se apunten de forma voluntaria.

jueves, 7 de junio de 2018

Celebración Día das Letras Galegas

Con motivo da Celebración do Día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado á escritora María Victoria Moreno, no cole realizamos varias actividades:
- 11 de Maio: a compañía de teatro "Galeatro", representou a obra "Eu conto, ti cantas" na biblioteca do centro
- 14 de Maio: o contacontos "Caxoto", representou o espectáculo "Unha viaxe mar adiante" no recinto feiral de Curtis
- 15 de Maio: alumnos e alumnas do cole representaron unha obra de teatro titulada "A importancia do galego", na Casa da Cultura de Curtis
- 16 de Maio: a compañía de teatro "Contos bululeiros" representaron un espectáculo no Auditorio Municipal de Teixeiro







lunes, 7 de mayo de 2018

Ambientando o Día das Letras Galegas

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, xa estamos ambientando o cole con todo o relacionado con María Victoria Moreno, con un montón de bonitos debuxos que fixo o noso alumnado.